Castelo Deporte organiza cada ano un festival de música en colaboración coa asociación Sons de Base, trátase dun evento enmarcado nunha semana completa de actividades deportivas na polideportiva de Castelo, na ladeira do monte Xalo.
Centos de persoas asisten ao Castelo Music Festival para presenciar as actuacións de carteis que mesturan a experiencia de grandes estrelas da música galega coas mellores promesas de base. O evento compleméntase en ocasións con concursos para escoller aos participantes no evento, facendo do festival unha plataforma de lecer absolutamente democrática.
Á cultura engádeselle no 2011 a solidariedade. Castelo Deporte márcase un obxectivo: contribuir humildemente na cooperación cos países menos desenvolvidos dende a súa actividade.
No Nadal do pasado ano, colabora co Concello de Culleredo na campaña de recollida de xoguetes, formando grupos de traballo que limpan e empaquetan todos os materiais recibidos.
cultura@castelodeporte.org




