A asociación Castelo Deporte traballa cun equilibrio de forzas entre os seus simpatizantes (todas aquelas persoas interesadas no traballo da entidade e que participan dun xeito activo ou pasivo nas súas actividades), os seus socios (todos aqueles que, cunha colaboración económica de 12 euros anuais contribúen a que a entidade poida continuar co seu traballo de xeito constante) e o equipo de organización (núcleo da asociación, formado por un grupo de rapaces e rapazas de en torno aos vinte anos que propoñen e executan a programación de actividades da entidade).
Os socios de Castelo Deporte reciben de xeito semanal un boletín de novidades no que se lles informa acerca da actualidade da entidade. De xeito cuadrimestral, a Revista Castelo Deporte amplía toda a información con diferentes artigos de opinión e contidos exclusivos, unha publicación que se distribúe de xeito gratuíto en Culleredo. Ademais, os socios de Castelo Deporte dispoñen de descontos nas actividades que organiza a asociación.
FAITE SOCIO AGORA!



