As nosas apostas pola innovación remóntanse á fundación da propia entidade, cando decidimos comunicar toda a nosa actividade a través dunha web actualizada de xeito periódico. Retransmitimos o noso maratón deportivo a finais do mes de agosto a través da rede, nunha experiencia única e pioneira que desenvolvemos dende hai xa tres anos. Ademais, os resultados das competicións que promovemos están en todo momento actualizados en internet.
Aproveitamos os recursos das redes sociais para manter un contacto permanente cos participantes nos nosos eventos, acoller todas as súas suxerencias e consultar as diferentes alternativas coas que traballar.
tecnoloxias@castelodeporte.org



