A relación da nosa entidade coa mocidade nace na propia fundación da asociación. Na estrutura organizativa de Castelo Deporte ninguén ten máis de vinte anos, e os máis novos non pasan de quince. Por ter demostrado que a xente nova tamén pode facer cousas interesantes para a sociedade, sentímonos orgullosos de ser mocidade.
Grazas á axuda e colaboración do departamento de xuventude do Concello de Culleredo aspiramos a traballar máis cerca dun sector pouco atendido, pero sobre todo pouco entendido. A asociación Castelo Deporte organiza eventos destinados á xuventude do entorno metropolitano da Coruña, relacionados co deporte e a cultura rural. O obxectivo é chegar a onde os que teñen a responsabilidade de chegar non chegan. O noso obxectivo é ser, de xeito voluntario, un referente para os que queren facer un mundo mellor e non saben como.
A asociación Castelo Deporte traballa por e para a mocidade, e seguirá con todos os seus medios nesta liña.
mocidade@castelodeporte.org




