Máis de douscentos corredores e ao redor de oitocentas persoas encheron a parroquia cullerdense de Celas de Peiro nunha auténtica festa do descenso de montaña que se desenvolveu ao longo de toda a fin de semana convocada por School Riders e Castelo Deporte
O Descenso ao Xalo pecha as inscricións por internet con máis de cento trinta participantes anotados
CASTELODEPORTE.ORG -
27.4.12
1 comentarios
O proceso continuará o sábado e o domingo, ata unha hora antes da proba. O equipo de Castelo Deporte traballa desde este venres na explanada de meta acondicionando o que será centro neurálxico do ciclismo de montaña en Galicia durante dúas completas xornadas
"Unha proba espectacular nun lugar espectacular"
CASTELODEPORTE.ORG -
25.4.12
0
comentarios
O alcalde de Culleredo presenta en Coruña The Style Outlets a segunda edición do Descenso ao Xalo acompañado polo presidente de Castelo Deporte e varios compoñentes de School Riders
A terceira edición da Travesía do Xalo pecha hoxe o prazo de inscrición con case trescentos participantes
CASTELODEPORTE.ORG -
19.4.12
1 comentarios
Ao mediodía darase por pechado o proceso de inscrición a través da web oficial do evento. O domingo, centos de persoas ateigarán Castelo para percorrer a mediomaratón do Xalo ou participar na andaina polo monte, grazas á dobre modalidade que desenvolve Castelo Deporte
O Burgo acollerá o 6 de maio a primeira edición dunha carreira popular de dez quilómetros pola ría
CASTELODEPORTE.ORG -
7.4.12
0
comentarios

Castelo Deporte márcase dous obxectivos coa organización da proba: fomentar a actividade deportiva ao aire libre e poñer en valor unha contorna dun inmenso valor medioambiental que agarda desde hai anos a rexeneración e o saneamento das súas augas
Declaración sobre a eliminación das partidas para a rexeneración da ría do Burgo nos orzamentos
CASTELODEPORTE.ORG -
7.4.12
0
comentarios
Castelo Deporte amosa a súa máis absoluta oposición a unha política que priva aos veciños da área metropolitana da Coruña dun ecosistema de incalculable valor medioambiental saneado, e que ademais fai perigar decenas de postos de traballo no sector marisqueiro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





