O proceso continuará o sábado e o domingo, ata unha hora antes da proba. O equipo de Castelo Deporte traballa desde este venres na explanada de meta acondicionando o que será centro neurálxico do ciclismo de montaña en Galicia durante dúas completas xornadas
Todo apunto para a segunda edición do Descenso ao Xalo. School Riders e Castelo Deporte, entidades organizadoras do evento, ultiman este venres todos os detalles para preparar a que será xornada de adestramentos o sábado ao longo de todo o día e sobre todo, a competición do sábado pola mañá.
Cinco furgonetas encargaranse dos remontes para os centos de corredores que se achegarán ao Xalo, e máis de trinta voluntarios participarán dunha actividade que pretende igualar o éxito da edición de 2011. A organización estima lixeiramente superior a participación de riders, e lamenta que o tempo poida facer que no relativo ao público a asistencia non sexa tan positiva. Segundo as últimas previsións, o sábado é probable que non chova en todo o día, pero xa o domingo pola mañá poderían producirse algúns chuvascos débiles na zona do circuíto.
A xestión do bar, dos remontes, e a retransmisión en directo a través dun sistema de streaming correrán a cargo da asociación Castelo Deporte. Para os membros de School Riders quedará o aspecto técnico do circuíto e da propia competición. O Descenso ao Xalo é a primeira proba do Open de Galicia de descenso, organizado pola Federación Galega de Ciclismo.
O Descenso ao Xalo pecha as inscricións por internet con máis de cento trinta participantes anotados
CASTELODEPORTE.ORG -
27.4.12
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




1 comentario:
Que horarios teñen as probas
Publicar un comentario