O deporte sairá o domingo das instalacións de Acea da Ama para achegarse ata o Burgo na I Ruta Aquama, organizada polo propio complexo multideportivo cullerdense. Trátase da primeira edición dunha carreira pedrestre popular de 8.000 metros de lonxitude e na que poderán participar todos aqueles que o desexen.
Haberá categorías especiais para os máis novos, e na absoluta as inscricións serán de 5 euros, a rexistrar ata o xoves 29 de setembro a través da web de Aquama.
O equipo da asociación Castelo Deporte colaborará de xeito activo na organización da proba con diferentes voluntarios ao longo do percorrido, ofrecendo soporte ás tarefas loxísticas habituais deste tipo de probas deportivas.
INFORMACIÓN | Web de Aquama






