Avanzan as inscricións para os tres eventos que Castelo Deporte organizará esta primavera

0 comentarios
A 'Travesía do Xalo' mantén a tendencia da primeira edición con xa máis de vinte inscritos en menos dunha semana. O 'Descenso ao Xalo', que Castelo Deporte organiza en colaboración co clube School Riders Team, ten xa máis de quince corredores anotados. O 'Castelo Non Para', a piques de chegar ao límite de doce equipos e pechar o proceso de xeito anticipado.

Comunicado da Xunta Directiva

9 comentarios
Castelo Deporte aclara a súa posición e as súas intencións para evitar especulacións sobre a problemática da entidade coa Asociación de Veciños de Castelo

A II Travesía do Xalo abre o proceso de inscrición

0 comentarios
Durante o mes de marzo terán un prezo reducido de 10 euros. Poden realizarse a través da web oficial do evento mediante un formulario online. As prazas son limitadas, a 200 tanto para carreira como para andaina, e a organización agarda repetir o éxito do pasado ano.

Castelo Deporte presenta a súa programación de actividades para 2011 cunha imaxe de renovación

0 comentarios
Coa estréa das webs da II Travesía do Xalo, o Castelo Non Para e o Descenso ao Xalo, a asociación cullerdense pon en marcha o seu plan de actividades para 2011 cunha campaña de captación de socios baixo o título 'MEDRANDO.COM'

O 'Castelo Non Para' abre inscricións na web

0 comentarios
Dende hoxe a ata o 20 de marzo os equipos interesados poderán inscribirse cubrindo o formulario que poden atopar na web oficial do evento en CASTELODEPORTE.ORG

O clube School Riders Team e Castelo Deporte programan o 'Descenso ao Xalo' para o 17 de abril

9 comentarios
Previsiblemente será a próxima semana cando a Federación Galega de Ciclismo reciba a solicitude para realizar a proba, que organizan conxuntamente o clube cullerdense coa asociación Castelo Deporte. Trátase dun descenso mountain bike con meta en Peiro de Arriba.

MEDRANDO.COM, novo proxecto de Castelo Deporte

0 comentarios
Trátase da campaña de captación de socios para 2011. Nunha web sinxela e clara, a asociación preséntase e traza as liñas básicas da súa filosofía e os seus obxectivos fundamentais. Castelo Deporte pretende triplicar o número de socios actuais a finais de ano.

Castelo Deporte pasa á acción e solicitará a afiliación na Asociación de Veciños de Castelo esta semana

2 comentarios
A directiva de Castelo Deporte acorda solicitar o ingreso na entidade veciñal de Castelo como persoa xurídica e logo da aprobación do seu órgano de goberno, segundo recollen os estatutos da organización, consultados por membros da asociación cultural e deportiva.

Ánimo Bichi!

0 comentarios
Todo o equipo de Castelo Deporte, en nome de todos os participantes e de todas aquelas persoas que durante estes anos colaboraron con nos en cada un dos eventos, queremos enviarlle a Brais Regueiro, xogador do Mera F.S. que esta fin de semana sufriu unha importante lesión, os nosos mellores desexos para unha rápida recuperación. Agardamos poder verte de novo sobre a pista de Castelo facendo o que mellor sabes facer en moi poucos meses. ¡Ánimo Bichi!

Brais Regueiro participa dende hai tres anos no campionato de fútbol sala que Castelo Deporte celebra a derradeira semana do mes de agosto, proclamándose campión do mesmo na última edición. Ademais, foi nomeado mellor xogador da Liga de Fútbol Culleredo Mocidade o pasado mes de xuño, e durante o pasado ano foi a imaxe da asociación na campaña de captación de socios 'Lévote no corazón'. Desde este ano xoga no Mera F.S.