Dende hoxe a ata o 20 de marzo os equipos interesados poderán inscribirse cubrindo o formulario que poden atopar na web oficial do evento en CASTELODEPORTE.ORG
Castelo Deporte pon en marcha o proceso de inscrición para o 'Castelo Non Para', o primeiro maratón vintecatro horas organizado pola entidade cullerdense, que terá lugar no polideportivo municipal de Tarrío (Culleredo). Cun premio único de 450 euros para o equipo gañador, será un torneo exclusivo para os doce primeiros equipos que decidan inscribirse a través da web oficial do evento.
A páxina web do 'Castelo Non Para' ofrece toda a información detallada sobre as condicións do campionato. Poderán participar todos aqueles equipos de entre cinco e doce membros maiores de dezaseis anos que decidan inscribirse a pagar unha única taxa (establecida pola organización e que se pode consultar na web do evento). A competición desenvolverase dende as 20.00 horas do sábado 2 de abril ata a mesma hora do día seguinte, na que será a primeira competición deste tipo en Culleredo.
O evento conta coa colaboración do Concello de Culleredo, que previsiblemente ofrecerá nas próximas semanas a sinatura dun convenio a través do cal Castelo Deporte poderá empregar durante as vintecatro horas a instalación municipal en Tarrío.
PUBLICIDADE A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS
Castelo Deporte inicia este xoves a promoción para captar equipos participantes, especialmente a través das diferentes redes sociais e grazas á base de datos de equipos participantes noutros eventos organizados pola entidade nos últimos anos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




No hay comentarios:
Publicar un comentario