Coa estréa das webs da II Travesía do Xalo, o Castelo Non Para e o Descenso ao Xalo, a asociación cullerdense pon en marcha o seu plan de actividades para 2011 cunha campaña de captación de socios baixo o título 'MEDRANDO.COM'
O xoves 17 de febreiro de 2011 pasará á historia de Castelo Deporte por ser o día da presentación da programación de actividades máis ambiciosa da historia da entidade cullerdense. Estréanse as tres actividades para esta primavera, que xunto coa campaña de captación de socios e unha renovada web corporativa da entidade supoñen unha imaxe de renovación para consolidar os grandes retos da asociación.
Castelo Deporte incrementa dende hoxe a súa presenza na rede a través de todas as redes sociais, e moi especialmente coa súa web, na que de xeito periódico estará toda a información da entidade con noticias sincronizadas coas diferentes ferramentas sociais online. Con estas novas funcionalidades, a asociación pretende manter o seu compromiso de comunicación activa cos seus socios e simpatizantes e deixar claro o seu apoio á participación a través das novas tecnoloxías da comunicación.
O nacemento do proxecto MEDRANDO.COM será a base da nova imaxe de Castelo Deporte, unha idea orixina da entidade cullerdense coa que se pretende captar novos socios e achegar a asociación a toda a poboación, nun maior abano de idades e tratanto de recoller un maior número de intereses.
Castelo Deporte presenta a súa programación de actividades para 2011 cunha imaxe de renovación
CASTELODEPORTE.ORG -
17.2.11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




No hay comentarios:
Publicar un comentario