A entidade cullerdense forma parte, desde esta semana, do censo de entidades xuveniles e prestadoras de servizos á mocidade da Dirección Xeral de Xuventude. Trátase dun importante recoñecemento, que da resposta a unha demanda constante por parte da asociación
O Castelo Non Para terá lugar do 10 ao 11 de marzo cun premio económico de 1000 euros para o campión
CASTELODEPORTE.ORG -
12.2.12
0
comentarios
Desde esta medianoite están abertas as inscricións a través da web oficial do evento, que informará puntualmente sobre todas as novidades relativas ao maratón. Ata o domingo 4 de marzo é posible anotar equipos de entre cinco e doce xogadores.
Con toda probabilidade o evento terá lugar no polideportivo de Tarrío (Culleredo), aínda que a concellería de Deportes confirmará nestes días o recinto definitivo. Destaca da convocatoria o elevado premio económico para o equipo campión, a posta polas novas tecnoloxías (a inscrición será exclusiva a través de internet) e a estrutura organizativa coa que a asociación pretende contar.
Iníciase ademais unha campaña a través das redes sociais e a pegada de carteis para aumentar a participación en relación ao campionato do pasado ano.

Reúnese a Comisión de Deportes da asociación para definir as características do Castelo Non Para
CASTELODEPORTE.ORG -
11.2.12
0
comentarios
A segunda edición está previsto que se celebre do 10 ao 11 de marzo nun recinto polideportivo municipal por definir. Varios deportistas da comarca colaboran no deseño do maratón
School Riders Team e Castelo Deporte organizarán o II Descenso ao Xalo de BTT o 14 e o 15 de abril
CASTELODEPORTE.ORG -
11.2.12
0
comentarios
O clube cullerdense encargarase do circuíto, quedando para a asociación a administración, a loxística e a difusión dunha proba que pretende superar a participación na primeira edición
![]() |
| FOTO: JOSÉ DOMÍNGUEZ |
A directiva de Castelo Deporte aproba os compromisos de austeridade da nova tesoureira
CASTELODEPORTE.ORG -
10.2.12
0
comentarios
A asociación non reeditará ninguna actividade que durante o presente exercicio presente resultados deficitarios. Da medida sálvase unicamente o tradicional maratón deportivo do verán
Castelo Deporte solicita a inscrición no rexistro da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia
CASTELODEPORTE.ORG -
10.2.12
0
comentarios
Con esta decisión a entidade cullerdense pretende participar das actividades promovidas pola área de mocidade da Administración Autonómica e solicitar así apoio económico e institucional
Castelo Deporte traslada ao concelleiro de Deportes as intencións da entidade para 2012
CASTELODEPORTE.ORG -
10.2.12
0
comentarios
Bernardo Peiteado comprometeuse a seguir apoiando as accións da asociación, advertindo non obstante sobre o mal momento económico e as prioridades do concello
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
+19.02.31.png)
+23.44.54.png)