A directiva de Castelo Deporte aproba os compromisos de austeridade da nova tesoureira

A asociación non reeditará ninguna actividade que durante o presente exercicio presente resultados deficitarios. Da medida sálvase unicamente o tradicional maratón deportivo do verán

María Pérez quere reducir o déficit de Castelo Deporte o antes posible. Foi a principal conclusión da proposta que presentou na reunión da Xunta Directiva celebrada o pasado venres no Burgo, á que asistiron todos os membros do máximo órgano de goberno da asociación agás o vicepresidente.

A área económica da asociación cullerdense quere evitar que non se valoren pequenas cantidades cando se traballa cun orzamento de máis de 30.000 euros. Por esta razón, a tesoureira liderou a oposición á proposta da presidencia de invertir 380 euros nun proxecto de promoción e publicidade, que finalmente foi modificado, e que se anunciará nos próximos días.

Porén, a decisión máis relevante das determinadas pola directiva na súa última xuntanza foi a de non repetir todas aquelas actividades que no exercicio 2012 sexan deficitarias. O pasado ano, o Castelo Deporte 2011 e o Castelo Non Para foron os dous únicos eventos que supuxeron un desenvolso para a entidade cullerdense. Por unha emenda da vicepresidenta segunda, Alba Taboada, sálvase da nova normativa o maratón deportivo do verán, que este ano chega á súa sétima edición: manterase a posibilidade de repetilo sexa cal sexa o seu resultado económico.

O presidente de Castelo Deporte, Álvaro Pérez Becerra, deu conta do acordo da directiva aclarando que a medida pretende "provocar unha maior implicación por parte da organización", e ao mesmo tempo manifestou a súa preocupación pola continuidade do Castelo Non Para, a primeira actividade do ano, e a menos rendible no apartado económico. "Temos que facer un esforzo de austeridade e aforro se queremos continuar con cada unha das actividades que organizamos, a implicación da organización é asumible, pero a económica supón un risco que no actual momento non podemos soportar", declarou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario