Castelo Deporte solicita a inscrición no rexistro da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia

Con esta decisión a entidade cullerdense pretende participar das actividades promovidas pola área de mocidade da Administración Autonómica e solicitar así apoio económico e institucional

A participación de Alba Taboada e Álvaro Pérez Becerra, responsable de actividades e presidente de Castelo Deporte respectivamente, nun foro organizado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, motivou a decisión que a asociación cullerdense ven de tomar: a inscrición como entidade prestadora de servizos á mocidade no rexistro administrativo correspondente.

Na actualidade, a entidade está inscrita no rexistro xeral de asociacións da Secretaría Xeral de consellería de Presidencia, sobre o que desenvolve actividades en diferentes ámbitos. Non obstante, a inscrición na área de mocidade da Xunta de Galicia non supón a especialización exclusiva de Castelo Deporte: máis ben permite o acceso a diferentes procedementos administrativos nos que a entidade cullerdense pretende actuar ao longo do 2012.

Pablo Sánchez Castiñeira, responsable de mocidade na asociación, será o encargado de coordinar todas as actividades derivadas desta área, entre as que se contempla a posibilidade de solicitar as axudas correspondentes ao programa Iniciativa Xove, que a Xunta de Galicia ten previsto convocar nas próximas semanas.

Este e outros asuntos serán tratados na xuntanza que o próximo mércores manterán responsables de Castelo Deporte coa concelleira de Mocidade, Marta Iglesias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario