A Xunta de Galicia recoñece a contribución da asociacion Castelo Deporte á mocidade

A entidade cullerdense forma parte, desde esta semana, do censo de entidades xuveniles e prestadoras de servizos á mocidade da Dirección Xeral de Xuventude. Trátase dun importante recoñecemento, que da resposta a unha demanda constante por parte da asociación


A inscrición da asociación Castelo Deporte na Secretaría Xeral de Presidencia da Xunta de Galicia compleméntase desde esta semana co rexistro no Censo de Entidades Xuveniles, dependente da Consellería de Traballo e Benestar da mesma administración. A solicitude da asociación cullerdense recibe deste xeito unha resposta positiva, que abre unha nova vía de traballo en colaboración con diferentes institucións públicas.

Castelo Deporte é, desde a súa fundación no ano 2008, unha entidade de carácter social, sen ánimo de lucro, e prestadora de servizos deportivos e culturais á poboación en xeral, pero nomeadamente ao sector da mocidade, co que habitualmente traballa en colaboración co Concello de Culleredo.

A solicitude cursada perante a Xunta de Galicia foi coordinada pola directora de Actividades da asociación, Alba Taboada, a raiz da asistencia de varios membros da directiva a un foro organizado pola área de xuventude do ente autonómico.
A resolución en sentido positivo desta demanda de Castelo Deporte permitirá que a entidade cullerdense poida presentar un proxecto para a liña de axudas 'Iniciativa Xove', que promove a propia consellería.

No hay comentarios:

Publicar un comentario