Serán catorce os equipos participantes, case o dobre dos inscritos na pasada edición. Loitarán por un premio de 1000 euros en eliminatorias que se desenvolverán de xeito ininterrumpido durante vintecatro horas. O polideportivo de Tarrío será o escenario do maratón
A Casa da Xuventude do Burgo acolleu esta tarde o sorteo da segunda edición do 'Castelo Non Para', o maratón deportivo vintecatro horas que a asociación Castelo Deporte organiza esta fin de semana en colaboración co Concello de Culleredo. Trátase dun evento deportivo dirixido á mocidade no que catorce equipos loitarán por un premio económico de 1000 euros nun calendario de trinta e cinco encontros que se desenvolverán de xeito ininterrumpido desde as 19.00 horas do sábado ata a mesma hora do domingo.
O sorteo deparou tres grupos (dous de cinco equipos e un de catro equipos), que xogarán unha primeira liguiña por puntos, da que sairán os oito equipos clasificados para os cuartos de final (fase que comezará contra o mediodía do domingo). Serán os dous primeiros de cada grupo os clasificados de xeito directo para a fase final, mentres que os dous mellores terceiros (por coeficiente entre puntos e número de partidos xogados) ocuparán a séptima e oitava posición.
Sporting Birras, Montañeros Team, Peiro, Carpintería Oliveira, Inter Mitente, A Casiña, Óptica Lagoas, 061, 10 x cabeza, Pedreira, Sparta Quete Escupo, Vilaverde Deporte, Cateringferrolterra e Romar completan a nómina de inscritos nun evento que se desenvolverá no polideportivo municipal de Tarrío, grazas a un acordo entre o Concello de Culleredo e a entidade organizadora.
Máis de vinte voluntarios da asociación colaborarán en diversas tarefas organizativas ao longo das vintecatro horas do evento para facelo posible. Ademais, no recinto instalarase un pequeno bar con venda de bebidas e bocadillos para facilitar aos equipos a súa estancia durante vintecatro horas en Culleredo.
Trinta e cinco partidos conformarán o calendario do 'Castelo Non Para' segundo o sorteo desta tarde
CASTELODEPORTE.ORG -
8.3.12
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)





No hay comentarios:
Publicar un comentario