Baixo a etiqueta en Twitter #castelononpara poderá seguirse todo o que aconteza en Tarrío esta fin de semana. Dúas persoas da organización estarán pendentes en todo momento das redes sociais oficiais do evento e publicarán os resultados e as crónicas dos partidos
O Castelo Non Para quere batir records. Un é o da resistencia: vintecatro horas seguidas de deporte non as soporta calquera. Outro, o da presenza constante en internet. Para a segunda edición do evento, Castelo Deporte prepara unha ampla cobertura a través de tres plataformas: Facebook, Twitter e a web oficial da entidade cullerdense. Serán os medios cos que traballen as dúas persoas que en todo momento permanecerán atentas ao que aconteza sobre o terréo de xogo para trasladalo á rede.
En Twitter, co hashtag #castelononpara
Na rede de microblogging, Castelo Deporte aposta por un hashtag para aglutinar toda a información relativa ao maratón. Anima ademais aos participantes e ao público asistente a que participe aportando os seus comentarios. Na web do Castelo Non Para aparecerán en portada todos os tweets que conteñan esta mención, tanto os publicados polo equipo da entidade como os do propio público.
Na páxina oficial en Facebook de Castelo Deporte
Nesta ocasión, será a páxina da asociación en Facebook a encargada de soportar o maior número de actualizacións. Na rede social por antonomasia estarán todas as fotografías e as crónicas dos encontros, ademais das taboas clasificatorias e os comentarios do equipo da organización.
E o máis importante, en www.castelodeporte.org
Cada certo tempo, a web oficial da asociación publicará artigos relacionados cos mellores partidos ou o final de determinada fase ou grupo. Será unha información máis puntual e ampla, para todos aqueles que queiran seguir o desenvolvemento do evento sen estar ao minuto pendente das redes sociais.
Castelo Deporte prepara unha ampla cobertura a través das redes sociais para o Castelo Non Para
CASTELODEPORTE.ORG -
10.3.12
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




No hay comentarios:
Publicar un comentario