O Castelo Non Para terá lugar do 10 ao 11 de marzo cun premio económico de 1000 euros para o campión

Desde esta medianoite están abertas as inscricións a través da web oficial do evento, que informará puntualmente sobre todas as novidades relativas ao maratón. Ata o domingo 4 de marzo é posible anotar equipos de entre cinco e doce xogadores.

Con toda probabilidade o evento terá lugar no polideportivo de Tarrío (Culleredo), aínda que a concellería de Deportes confirmará nestes días o recinto definitivo. Destaca da convocatoria o elevado premio económico para o equipo campión, a posta polas novas tecnoloxías (a inscrición será exclusiva a través de internet) e a estrutura organizativa coa que a asociación pretende contar.

Iníciase ademais unha campaña a través das redes sociais e a pegada de carteis para aumentar a participación en relación ao campionato do pasado ano.

Durante case un mes permanecerán abertas as inscricións para todos aqueles equipos que desexen participar na segunda edición do maratón deportivo vintecatro horas 'Castelo Non Para', que a asociación Castelo Deporte, en colaboración co Concello de Culleredo, organizará os vindeiros días 10 e 11 de marzo no polideportivo municipal de Tarrío.


No hay comentarios:

Publicar un comentario