Este sábado reúnese no Burgo a Comisión de Deportes da asociación Castelo Deporte, co obxectivo de determinar as características da segunda edición do maratón vintecatro horas Castelo Non Para. O responsable da área, Carlos Martínez, contará na organización do evento con dous dos xogadores de fútbol sala máis coñecidos de Galicia como son Javier Suárez e Jacobo Torres.
O Concello de Culleredo colaborará no evento coa cesión do polideportivo municipal, aínda por definir. Na pasada edición, foron doce os equipos inscritos nun innovador formato que se desenvolveu en Tarrío. O obxectivo para este ano é o de manter o nivel de participación, e aumentar a calidade do evento tanto na súa organización como nos aspectos relacionados coa difusión e a publicidade do mesmo.
Está previsto que ao longo da próxima semana se abran as inscricións a través da web oficial do evento.




No hay comentarios:
Publicar un comentario