Durante o mes de marzo terán un prezo reducido de 10 euros. Poden realizarse a través da web oficial do evento mediante un formulario online. As prazas son limitadas, a 200 tanto para carreira como para andaina, e a organización agarda repetir o éxito do pasado ano.
Un dos eventos estrela da asociación Castelo Deporte ponse en marcha por segundo ano consecutivo. A II Travesía do Xalo terá lugar nesta ocasión o domingo 1 de maio, con saída e chegada na polideportiva de Castelo, e cun fermoso e excitante percorrido polo medio...
Un ano máis, na dobre modalidade de carreira e andaina, e con prazas limitadas en 200 para cada proba, o Xalo acollerá dúas rutas de dificultades diferentes pero cun mesmo espírito. O Concello de Culleredo, a través da súa Concellería de Deportes e Participación Cidadá, colaborará un ano máis con Castelo Deporte no desenvolvemento deste evento.
- ACCEDE AQUÍ Á WEB DA II TRAVESÍA DO XALO
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




No hay comentarios:
Publicar un comentario