Ánimo Bichi!

Todo o equipo de Castelo Deporte, en nome de todos os participantes e de todas aquelas persoas que durante estes anos colaboraron con nos en cada un dos eventos, queremos enviarlle a Brais Regueiro, xogador do Mera F.S. que esta fin de semana sufriu unha importante lesión, os nosos mellores desexos para unha rápida recuperación. Agardamos poder verte de novo sobre a pista de Castelo facendo o que mellor sabes facer en moi poucos meses. ¡Ánimo Bichi!

Brais Regueiro participa dende hai tres anos no campionato de fútbol sala que Castelo Deporte celebra a derradeira semana do mes de agosto, proclamándose campión do mesmo na última edición. Ademais, foi nomeado mellor xogador da Liga de Fútbol Culleredo Mocidade o pasado mes de xuño, e durante o pasado ano foi a imaxe da asociación na campaña de captación de socios 'Lévote no corazón'. Desde este ano xoga no Mera F.S.

No hay comentarios:

Publicar un comentario