Castelo Deporte recoloca o maratón de fútbol sala entre o sábado 2 e o domingo 3 de abril en Tarrío

O primeiro obstáculo na organización dos eventos para 2011 xa provocou cambios nos planes de Castelo Deporte. A Xunta de Galicia colocou as probas de acceso aos ciclos superiores de Formación Profesional o 2 de abril, unha cita na que moitos dos participantes, e parte da organización do maratón estarían afectados de xeito directo.

Logo dun acordo de urxencia por parte da directiva da entidade, decidiuse resituar o evento na xornada seguinte, de sábado a domingo, para que deste xeito non tivese repercusión o citado exame.

SEDE POR DECIDIR
Logo dunha xuntanza que representantes de Castelo Deporte mantiveron a pasada semana co concelleiro de Deportes, Participación cidadá e Festas do Concello de Culleredo, valorouse a posibilidade de organizar o evento no polideportivo municipal de Tarrío, unha das grandes infraestruturas do concello, e probablemente das mellor acondicionadas.
A dificultade polo horario do evento e a necesidade de que os responsables da instalación fixesen máis horas das previstas foi o único obstáculo, ante o que o Goberno Local propuxo a Castelo Deporte a posibilidade de asinar un convenio, que polo momento está en tramitación administrativa, para que fora a asociación quen se fixera responsable da instalación durante as horas de celebración da proba.

CASTELO: A ALTERNATIVA
En caso de que a negociación co concello de Culleredo non avanzara, Castelo Deporte valora xa a posibilidade de facer a proba na polideportiva de Castelo, aínda que as condicións climatolóxicas dificultarían en boa medida a participación no 'CASTELO NON PARA'.

No hay comentarios:

Publicar un comentario