'MEDRANDO.COM' pretende ser unha idea sinxela de asimilar, o lema dunha campaña viral feita para as redes sociais e internet coa que Castelo Deporte quere sensibilizar á mocidade sobre a importancia de estar representada e ter voz para organizarse e facer cousas diferentes. Na web, presentada este xoves pola entidade cullerdense, explícanse as actividades máis coñecidas da asociación, e incídese na importancia do apoio humano, e non tanto económico, para ser cada día máis fortes.
Castelo Deporte pretende distribuir cartaces da campaña 'MEDRANDO.COM' ao longo de todo o ano, e fará da súa imaxe un dos aspectos fundamentais da súa comunicación nas diferentes actividades a desenvolver.





No hay comentarios:
Publicar un comentario