O presidente da entidade, Álvaro J. Pérez Becerra, presentou este venres unha denuncia nas dependencias da Garda Civil de Culleredo e informou ao concelleiro de Deportes.
A asociación Castelo Deporte suma unha perda de 753 euros na contabilidade do Castelo Deporte 2011 logo de atopar este venres, cando un dos proveedores se dispoñía a retirar os sobrantes do Castelo Music Festival celebrado o pasado 20 de agosto, a porta dos vestiarios da polideportiva de Castelo forzada, en concreto a arandela que soportaba un candado que pechaba a instalación.
Unha patrulla da Garda Civil achegouse a Castelo para tomar varias fotografías, e foi despois cando o propio presidente da asociación, Álvaro J. Pérez Becerra, presentou no Burgo a correspondente denuncia. O valor da mercancía roubada ascende aos 753 euros, e aínda que dende Castelo Deporte non se quere apuntar posibles sospeitosos, asegúrase que o roubo tivo lugar entre as 22.00 horas do pasado luns, cando o último membro da entidade abandonou o recinto, e as 16.00 horas do venres.
O relativo éxito nas actividades organizadas pola asociación na convocatoria deste ano fai posible que Castelo Deporte poida afrontar as perdas con relativa tranquilidade. Sen embargo, dende a propia entidade sinálase que tomando como gasto as perdas ocasionadas por este incidente, o evento perdería o superhabit co que dende a directiva xa se contaba.
Membros de Castelo Deporte aseguraron tamén que "quen robou o que había nese vestiario sabía onde estaba", polo que as primeiras hipóteses apuntan a algún dos asistentes aos eventos organizados en Castelo entre o 20 e o 28 de agosto. O presidente da asociación contactou vía telefónica co concelleiro de Deportes e Participación Cidadá, que se achegou tamén ata Castelo.
Rouban 753 euros en bebidas alcohólicas de Castelo Deporte nos vestiarios da polideportiva de Castelo
CASTELODEPORTE.ORG -
10.9.11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




No hay comentarios:
Publicar un comentario