A asociación Castelo Deporte continúa coa súa campaña de captación de socios e abre unha etapa na que tratará de chegar aos veciños de Culleredo e os seus concellos limítrofes habilitando diferentes establecementos comerciais e de hostelería nos que será posible afiliarse.
Nunha primeira etapa, a pensión Angelita (en Tabeaio), a Sala The Star (Carral), Casa Rodríguez e o Centro Social de Castelo (Castelo), a tenda de pinturas e decoración Senave (A Coruña) e a distribuidora de ferretería Galyferr (Alvedro) serán os establecementos sinalados.
De cara a final de ano, a asociación pretende chegar a un mínimo de cinco establecementos por concello nas localidades de Culleredo, Arteixo, A Coruña, Cambre e Carral.





No hay comentarios:
Publicar un comentario