A decisión, acordada pola maioría da organización do evento, pretende relaxar unha semana que en 2012 será aínda máis intensa ao facerse cargo Castelo Deporte das festas da parroquia.
O evento deportivo que no 2012 cumprirá sete anos de celebración ininterrumpida, que organiza a asociación Castelo Deporte, cambia de data. Son dúas as causas: a progresiva perda de participantes dende que o evento ten lugar en días laborais, e a necesidade de descargar traballo para un mes de agosto que, coa organización das festas de Castelo, será especialmente intenso para o equipo da asociación.
Alba Taboada, vicepresidenta da asociación e promotora da iniciativa, asegurou querer continuar co evento que da nome á propia entidade, pero pediu na xuntanza que o pasado xoves mantiveron os membros do equipo de organización unha nova estruturación para recuperar a participación dun maior número de equipos e poder traballar no mes de agosto cunha maior tranquilidade.
Os membros da asociación precisaron a data para a séptima edición do Castelo Deporte, que terá lugar entre o venres 20 e o domingo 22 de xullo, aproveitando así o comezo das festas do Santiago Apóstolo dous días despois. A decisión terá que ser ratificada pola Xunta Directiva elexida logo das eleccións do vindeiro mes de decembro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




No hay comentarios:
Publicar un comentario