Os orzamentos do Estado para o presente exercicio eliminan todas as partidas relativas á rexeneración e o saneamento da ría do Burgo, un dos enclaves de maior valor ecolóxico e medioambiental da comarca das Mariñas. Aínda conscientes do actual momento económico, se defendemos que a crise non xustifica ningún recorte, facémolo con máis intensidade cando se trata do medio no que vivimos, o que para os veciños de Culleredo, e outras tantas localidades da área metropolitana da Coruña, é a contorna que acompaña o noso día a día.
Mirando á dereita ou á esquerda, sempre está a ría. Podemos loitar por centos de infraestruturas que nos conecten con todas as capitais, podemos pretender chegar ao noso traballo cinco minutos antes por autoestradas máis rápidas, e podemos aceptar que todos os investimentos teñan por destino avanzar nun país máis moderno e menos sostible. En calquera caso, mirando á dereita ou á esquerda, sempre estará a ría.
Unha ría que ao longo das últimas décadas sofreu as máis descaradas agresións, case sempre en forma de vertidos e contaminación, pero noutras tantas ocasións configuradas como decisións políticas que de pensar demasiado no desenvolvemento industrial, deixaron de lado a fauna, a flora, a auga, a paisaxe, o que vemos, escoitamos e respiramos paseando polos concellos de Cambre, Oleiros, A Coruña e Culleredo.
Castelo Deporte organiza o vindeiro 6 de maio unha actividade deportiva en defensa da nosa ría, unha carreira popular de 10 quilómetros polo paseo marítimo do Burgo, co obxectivo de poñer en valor un entorno tan valorado aquí como esquecido polos que toman decisións tan irresponsables e ambientalmente insostibles. Animamos a todos os veciños da comarca da Coruña, a todos os que interactúan coa ría no seu día a día, a participar desta carreira en defensa dunha rexeneración tan necesaria como agardada.
+ | Web da 'Carreira pola Ría do Burgo'

No hay comentarios:
Publicar un comentario