O Burgo acollerá o 6 de maio a primeira edición dunha carreira popular de dez quilómetros pola ría







Castelo Deporte márcase dous obxectivos coa organización da proba: fomentar a actividade deportiva ao aire libre e poñer en valor unha contorna dun inmenso valor medioambiental que agarda desde hai anos a rexeneración e o saneamento das súas augas

O Burgo será o escenario, o domingo 6 de maio, dunha nova proba deportiva popular na área metropolitana da Coruña. Desta volta, a primeira edición da 'Carreira pola ría do Burgo', un evento organizado pola asociación Castelo Deporte que mestura o deporte coa defensa do medio ambiente nunha das contornas máis coñecidas e populares do norte de Galicia.
O paseo marítimo que parte da desenvocadura do río Mero para chegar ao mesmo termo municipal da Coruña conforma boa parte dun circuíto dunha fascinante beleza paisaxística.

O trazado chega incluso ata o concello de Cambre, para dar volta e dirixirse ao interior de Culleredo por un coidado paseo fluvial. Ademais, tanto a saída como a chegada ten lugar nun dos enclaves máis importantes da localidade, un Xardín Botánico no que se conservan centos de especies autóctonas no propio paseo da ría.

Os participantes poderán gozar, coa súa inscrición, dunha camiseta conmemorativa, un pincho ao remate da ruta, un avituallamento líquido durante a carreira e a cobertura dun seguro de accidentes. Nesta ocasión, a taxa a ingresar será de 5 euros, que a organización anima a ampliar ata os 8 euros para destinar a integridade dos 3 euros restantes ao saneamento da ría do Burgo.

+ | Web da 'Carreira pola ría do Burgo'

No hay comentarios:

Publicar un comentario