1. En ningún momento, nin de xeito explícito nin por omisión, foi intención de Castelo Deporte orientar as informacións a interpretacións relacionadas con posibles estratexias de malversación de fondos. A entidade quere deixar claro de xeito rotundo que confía plenamente na Xunta Directiva da Asociación de Veciños de Castelo e a súa responsabilidade para empregar os seus ingresos en obxectivos orientados ao benestar dos veciños e veciñas de Castelo.
2. A información publicada por Castelo Deporte foi motivada por un erro non intencionado que a entidade veciñal recoñeceu cometer á hora de elaborar o seu borrador de contas anuais, e que provocou a confusión que deu lugar á información relativa á ocultación do déficit en 2010 da Asociación de Veciños.
3. Castelo Deporte amosa de xeito rotundo o seu compromiso para colaborar en canto sexa necesario en adiante, e de conformidade co acordado na xuntanza das directivas de ambas entidades o pasado mércores 30 de marzo, coa Asociación de Veciños de Castelo.




No hay comentarios:
Publicar un comentario