Todo preparado para o 'Castelo Non Para'

O sorteo entre os equipos, celebrado no día de onte na Casa da Mocidade de O Burgo, deparou un All In - Abadías como primeiro encontro dos máis de trinta do vintecatro horas

A asociación Castelo Deporte afronta as últimas horas antes de comezar un novo evento organizado en colaboración do Concello de Culleredo. Dende este sábado ás 20.00 horas e durante vintecatro horas, dez equipos loitarán por 450 euros como premio económico nun campionato do que se realizará un seguimento a través da rede.

No sorteo, celebrado onte en dependencias municipais, o presidente da asociación Castelo Deporte, Álvaro J. Pérez Becerra presentou o evento ante varios dos equipos inscritos e repasou os puntos máis importantes do reglamento ao que se someterán os participantes dende o comezo do maratón.

O calendario, composto por unha primeira fase de liguiña que dará paso a unha promoción, as semifinais e a final, está pensado para que non queden horas libres e o tempo de competición sexa constante. Tamén se pretende que os equipos pasen o maior tempo posible no polideportivo de Tarrío para fomentar a convivencia entre todos eles.

Apertura do Castelo Lounge & Drink
Como en todos os seus eventos, Castelo Deporte abrirá este sábado o Castelo Lounge & Drink, un bar que tratará de dar resposta á demanda de participantes e público con todo tipo de bebida e comida para aguantar vintecatro horas de fútbol en Tarrío. Os participantes disporán de menús con descontos especiais aos que poderán optar.

- VER CALENDARIO OFICIAL DO CASTELO NON PARA

No hay comentarios:

Publicar un comentario