O obxectivo desta visita é coñecer de primeira man como se organiza un descenso de montaña de cara á actividade que a asociación ten programada para o vindeiro 17 de abril no monte Xalo.
A proba viguesa é unha das máis prestixiosas a nivel nacional e prolóngase ao longo de tres días. Varios membros de School Riders Team, o clube que colabora con Castelo Deporte na organización do 'Descenso ao Xalo', participan no descenso da cidade olívica.
Ao redor de trinta corredores están xa inscritos no descenso do Xalo a menos dun mes da primeira actividade deste tipo na comarca da Coruña.
Experiencia. É o único que necesita a organización de Castelo Deporte para que a proba do 17 de abril no monte Xalo ('Descenso ao Xalo') sexa todo un éxito. Cunha capacidade organizativa demostrada en innumerables ocasións, coñecer de primeira man cal é a mecánica dunha proba de descenso BTT é o único que queda por resolver.
Con este obxectivo, catro membros de Castelo Deporte desprázanse este domingo a Vigo para asistir ao VigoBikeContest, unha das probas máis importantes a nivel nacional, que conta con centos de participantes ao longo de tres xornadas, e no que participan membros do clube cullerdense que colabora na organización do Descenso ao Xalo.
Director e secretario xeral, xunto coa directora de actividades da asociación e outra compoñente do equipo de organización habitual dos eventos de Castelo Deporte, tomarán boa nota de cada un dos detalles necesarios para que a proba do 17 de abril, a primeira destas características na comarca da Coruña, sexa todo un éxito.
Unha representación de Castelo Deporte viaxa este domingo ao 'Vigo Bike Contest'
CASTELODEPORTE.ORG -
27.3.11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)





No hay comentarios:
Publicar un comentario