A Xunta Directiva quere aproveitar o momento político no Concello de Culleredo para ter preparado o proxecto de actividades do verán cando tome posesión a nova corporación
Castelo Deporte inicia os movementos de cara á planificación das actividades deste verán. A proposta do seu presidente, Álvaro J. Pérez Becerra, este xoves celebrarase unha xuntanza da Comisión de Actividades, que preparará unha proposta para ser aprobada na Asemblea Extraordinaria que a entidade convocará para o vindeiro sábado 4 de xuño en Castelo.
Segundo apuntou o propio presidente da entidade, 'o momento político en Culleredo é propicio para sentarse e preparar ben o que imos presentar aos novos concelleiros de Deportes e Mocidade logo da toma de posesión da corporación local'. A idea da asociación é facer un plan conxunto con actividades relacionadas, de xeito que sexa posible desenvolvelo en colaboración co maior número de institucións e entidades privadas dada a situación económica actual.
Nun comunicado, a Xunta Directiva amosouse "satisfeita" polos resultados de participación nas eleccións municipais, "un éxito colectivo dos veciños" -rematou o máximo órgano da asociación.
Castelo Deporte convoca Asemblea Extraordinaria dirixida a todos os socios para o sábado 4 de xuño
CASTELODEPORTE.ORG -
26.5.11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




No hay comentarios:
Publicar un comentario