O Burgo acollerá este martes un acto en defensa da lingua galega convocado por Queremos Galego

Todos os que se acheguen terán a oportunidade de ler un texto relacionado coa lingua e en galego, a iniciativa repetirase simultáneamente en máis de cincuenta municipios de Galicia



A plataforma Queremos Galego organiza este martes, con motivo do día das Letras Galegas, un acto público que en Culleredo estará enmarcado dentro da Feira de Artesanía que de xeito anual organiza o concello na praza de Europa no Burgo. A iniciativa consistirá na lectura de textos de diferentes autores galegos e sobre a lingua, coa voz de cidadáns cullerdenses que queiran achegarse ata o acto. Ao remate do acto lerase o manifesto redactado pola plataforma, que de xeito simultáneo será relatado tamén en máis de cincuenta localidades galegas.

Os responsables locais de Queremos Galego en Culleredo, Xosé García Alfonso e Álvaro Pérez Becerra, piden a través dunha nota de prensa a participación de toda a cidadanía nun acto completamente despolitizado que ten como único fundamento a defensa e o amor pola lingua propia.

A asociación Castelo Deporte participará coa lectura de textos por parte de dous dos seus membros e a presentación do propio acto por parte do presidente da entidade como responsable da plataforma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario