O Xalo volve a amosar a súa maxia


A II Travesía do Xalo desenvolveuse segundo todas as previsións, nun día meteorolóxicamente sensacional, máis de douscentos corredores e camiñantes disfrutaron dos encantos dun monte que volveu a amosar por que é un dos puntos verdes de referencia en Galicia.

A carreira partía pouco antes das 10.30 horas dende a polideportiva de Castelo e logo de percorrer os máis de 21 km. de duración chegaba Fernando Arcas, o gañador da proba, nun tempo de 1 hora, 34 minutos e 20 segundos, seguido por Tono Abal e Fernando Cancelo, que completaron o podio.

Na sección feminina, por segundo ano consecutivo foi Tereza Ctvrtnickova a que, nun tempo de 2 horas, 3 minutos e 26 segundos, chegou á polideportiva de Castelo para gañar a proba. Foron segunda e terceira, respectivamente, María José Grobas e María Ana González.

Ao remate da proba, o concelleiro de Deportes, Participación Cidadá e Festas do Concello de Culleredo, Bernardo Peiteado, María Fernández, a presidenta da Asociación de Veciños de Castelo, e Javier Suárez en representación da asociación Castelo Deporte, fixeron entrega dos trofeos.

Na andaina, os máis de cincuenta participantes chegaron a Castelo destacando a dificultade de moitas das baixadas, así como o espectacular da paisaxe en moitos puntos da ruta. A organización serviu un petisco final gratuíto para todos os participantes, así como bebida tamén de balde para os que pasaron por Castelo para ver o final da segunda edición da proba.


> DESCARGA AQUÍ A CLASIFICACIÓN DA CATEGORÍA MASCULINA

> DESCARGA AQUÍ A CLASIFICACIÓN DA CATEGORÍA FEMININA

No hay comentarios:

Publicar un comentario