A proba acollerá este domingo na parroquia cullerdense a centos de afeccionados á montaña. Meteogalicia non pronostica precipitacións, aínda que as nubes cubrirán o ceo durante a mañá.
Máis de cincuenta persoas participarán, dun xeito ou doutro, na organización da II Travesía do Xalo, que terá lugar na mañá do 1 de maio en Castelo (Culleredo). Castelo Deporte promove por segunda vez unha proba que recibirá a centos de corredores de varios países, e en cuxa coordinación participan veciños da parroquia e membros da entidade. Tanto o Concello de Culleredo como a Asociación de Montes Comunais de Castelo (que aporta a explanada do 'campo da festa') e a Asociación de Veciños de Castelo (un membro da directiva será o encargado de entregar un dos trofeos), apoian a iniciativa que cumpre dous anos.
En dobre modalidade de carreira e andaina, a primeira sairá ás 10.30 xa que antes, ás 10.00 horas, terá lugar o inicio da andaina dende a polideportiva de Castelo. A recollida de dorsais efectuarase dende as 08.45 e ata as 09.45 horas en Casa Rodríguez, no lugar de Folgueira.
O concelleiro de Deportes, Participación Cidadá e Festas do Concello de Culleredo, Bernardo Peiteado, asistirá á entrega de premios aos tres primeiros clasificados das categorías masculina e feminina.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




No hay comentarios:
Publicar un comentario