Castelo Deporte recibe na parroquia cullerdense a máis de trescentos participantes na segunda edición da Travesía do Xalo procedentes de diferentes países europeos
A II Travesía do Xalo convertirá Castelo este domingo na capital do deporte galego. Máis de trescentos participantes encherán o pulmón verde da Coruña de deporte na segunda edición da primeira e máis dura mediomaratón de montaña de Galicia, unha proba xa de referencia en toda a Península.
Participantes de Ucrania, Portugal, Francia e España formarán parte da lista de inscritos que tomarán a saída ás 10.30 horas do 1 de maio na polideportiva de Castelo. O evento, no que colaboran a Concellería de Deportes e Participación Cidadá do Concello de Culleredo, a Deputación da Coruña e diferentes entidades privadas, convértese nunha das citas clave para os habituais do atletismo de montaña galego.
Ademais, e de xeito paralelo, o Xalo acollerá unha andaina popular de 12,5 quilómetros que percorrerá algúns dos puntos de maior valor paisaxístico do monte.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




No hay comentarios:
Publicar un comentario