Castelo Deporte marca un novo rexistro histórico dentro da súa política de comunicación ao converter ao seu Twitter no maís seguido de Galicia de entre todas as entidades sen ánimo de lucro. O ranking Updood, un dos máis prestixiosos na medición de estatísticas online, salienta os datos de crecemento sostido de Castelo Deporte en todas as redes sociais nos últimos meses.
María Pérez Muñoz, responsable de comunicación de Castelo Deporte, atribúe o incremento á popularidade da asociación neste mes de abril pola intensa actividade que está a supor tanto o Castelo Non Para como o Descenso ao Xalo e a Travesía do Xalo. Ademais, a páxina web de Castelo Deporte foi a máis vista en todo o Concello de Culleredo no que vai de ano.
Castelo Deporte é xa a entidade sen ánimo de lucro máis seguida en Twitter de Galicia segundo Updood
CASTELODEPORTE.ORG -
23.4.11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)





No hay comentarios:
Publicar un comentario