Membros de Castelo Deporte asisten este sábado á final do maratón da asociación 'Santa María da O'

O torneo, organizado pola entidade de Vilaboa por primeira vez e no colexio Isaac Díaz Pardo de Acea da Ma, conta coa participación de moitos dos equipos que habitualmente xogan nos campionatos que Castelo Deporte organiza a derradeira semana de agosto en Castelo

Unha representación da asociación Castelo Deporte asiste este sábado á final do maratón que a asociación Santa María da O de Vilaboa organiza por primeira vez en O Burgo. Trátase dunha competición por eliminatorias de fútbol sala nun dos mellores escenarios do Concello de Culleredo para a práctica deportiva. Deste xeito, a asociación de Castelo pretende amosar o seu apoio a todo tipo de iniciativas que promovan a práctica deportiva entre a mocidade cullerdense e que continúen a liña que dende hai anos ven trazando.

Alba Taboada, Carlos Martínez e Álvaro J. Pérez presenciarán como público a final da competición, que se ven celebrando dende o pasado xoves e que este sábado contará cos partidos da fase final e a entrega de trofeos. Máis de mil euros están en xogo nun evento no que colabora a concellería de Deportes do Concello de Culleredo e diferentes empresas locais.

QUERES MÁIS?
Contámosche en Twitter a nosa presenza na final do maratón de Santa María da O!

No hay comentarios:

Publicar un comentario