Dezasete son as camisetas que os membros de Castelo Deporte gardan nos seus armarios logo de varios anos de traballo continuado na asociación. A complexa situación económica da entidade e a necesidade de aplicar un plan de recorte do gasto corrente, levou aos membros da Xunta Directiva a decidir o deseño dun uniforme que o equipo de organización dos diferentes eventos portarán en cada unha das actividades programadas en 2012.
A asociación pretende con esta medida ofrecer unha imaxe coherente e sólida, integrando a mesma imaxe para todos os seus eventos e diferenciando dun xeito claro e sinxelo aos voluntarios da organización. Sobre as cores branco e azul, os responsables de comunicación de Castelo Deporte preparan xa un catálogo de prendas cos formado por varias pezas que partirán dunha camiseta e unha chaqueta de chandal, que recibirán de inicio todos os membros da entidade.
Venda de camisetas nas actividades de 2012
Outra das novidades relacionadas coa roupa promocional será a venda de camisetas nos diferentes eventos, unha reclamación dos participantes que Castelo Deporte fará realidade a partir de 2012. Tratarase de achegar un recorto a baixo prezo a todos aqueles que se animen a participar nos eventos da asociación.




No hay comentarios:
Publicar un comentario