O Centro de Información á Muller de Culleredo organiza en Celas o I Encontro de Mulleres do Rural

O programa do acto consta dunha breve conferencia, unha conversa entre tres mulleres do rural, e un pequeno recital poético amenizado por músicos do Conservatorio de Culleredo

A Casa Reitoral de Celas de Peiro acollerá este venres a partir das 19.30 horas o I Encontro de Mulleres do Rural, organizado polo CIM de Culleredo e a concellería de Igualdade. Trátase da primeira edición dun acto que pretende homenaxear a importante achega de todas as mulleres que viven e traballan no rural, algo sobre o que falará Carlos Pereira, historiador cullerdense, na primeira parte do acto que presentará a concelleira Rocío Sampedro.
A segunda parte do programa recolle unha conversa entre Ana Belén Magariños, Elena Feal e Manuela Arcas, veciñas do rural cullerdense, e que será moderada pola directora do Centro de Información á Muller.
Ao remate do acto, a poetisa Maribel Ortiz realizará un breve recital, acompañada por alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Culleredo.
Clara Pérez, responsable de cultura de Castelo Deporte, apuntou onte a importancia deste tipo de actos para dignificar un traballo moi pouco valorado e enormemente importante na configuración da sociedade actual como é o das mulleres do rural. Por iso, quixo agradecer á concellería de Igualdade a convocatoria do encontro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario