O número de Castelo Deporte: 70.211

Coa chegada do Nadal, a asociación Castelo Deporte retoma a tradición da lotería do 22 de decembro co número 70.211, á venda en participacións de dous euros a partir deste martes

A dous meses do remate do ano, a asociación Castelo Deporte prepara xa as iniciativas relacionadas coa época do Nadal, neste caso con participacións de lotería co número 70.211, á venda a partir do martes 8 de novembro en Casa Rodríguez (Castelo), Centro Social de Castelo e Pensión Angelita (Tabeaio). Nos próximos días anunciaranse outros puntos nos que adquirir as participaciones, de 2 euros e 1 euro de donativo para a entidade cullerdense.

Ademais, a asociación ten previsto distribuir participacións entre colaboradores e patrocinadores dos eventos, coa que agradecer un impagable traballo realizado ao longo de 2011, o ano de maior éxito na historia de Castelo Deporte.
Tamén a través de internet, a partir do mesmo día, será posible reservar as participacións de lotería na propia páxina web da entidade. A imaxe de Sergio Sande, novo membro do equipo de voluntarios da asociación e participante en todos os eventos organizados en Castelo desde hai anos, está presente a través dunha curiosa fotografía nos billetes de lotería.


No hay comentarios:

Publicar un comentario