Castelo Deporte colabora na campaña de recollida de xoguetes organizada polo Concello de Culleredo

A asociación dispuxo catro grupos de voluntarios durante unha semana para colaborar na limpeza, empaquetado e selección dos xoguetes que foron entregados ás familias con maiores dificultades económicas e sociais de Culleredo






















A concellería de Xuventude do Concello de Culleredo, xestionada por Marta Iglesias, organizou un ano máis a tradicional campaña de recollida de xoguetes na que nesta ocasión solicitouse a colaboración da asociación Castelo Deporte. O resultado foi sorprendente, con centos de veciños que quixeron facer a súa aportación para contribuír a un Nadal mellor nas familias con maiores necesidades económicas do concello.

Durante toda unha semana, e en catro grupos, voluntarios da asociación Castelo Deporte asistiron á Casa da Mocidade do Burgo para participar na limpeza, empaquetado e posta en marcha dos xoguetes recibidos, que posteriormente foron seleccionados e entregados baixo a coordinación da concellería de Servizos Sociais.

Castelo Deporte, a través da súa directora de actividades, Alba Taboada (que ademais coordinou a participación da asociación na campaña), quixo amosar o seu agradecemento e a felicitación da asociación ao Concello de Culleredo pola boa marcha da campaña e o excelente traballo conxunto desenvolvido entre as concellerías. Do mesmo xeito, amosou a disposición de Castelo Deporte para colaborar en todas cantas actividades deste tipo se desenvolvan en Culleredo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario