Celebrarase nunha das instalacións polideportivas cubertas do Concello de Culleredo a segunda fin de semana do mes de marzo. Javier Suárez, Sergio Sande, Brais Regueiro e Jacobo Torres, coñecidos deportistas da comarca, deseñarán e coordinarán o evento
Castelo Deporte prepara xa a súa primeira actividade para o 2012. Será a segunda edición do maratón 24 horas 'Castelo Non Para', que o pasado ano tivo lugar no polideportivo municipal de Tarrío (Culleredo), e que rematou con máis de dez equipos participantes e unha notable asistencia de público.
O 10 de marzo é a data elexida para un maratón que contará coa dirección técnica de catro futbolistas recoñecidos da comarca, e membros do equipo da asociación Castelo Deporte. Brais Regueiro, Jacobo Torres e Javier Suárez (Mera F.S.) e Sergio Sande (U.D. Carral) serán os encargados de dispoñer o calendario de competición, as escoller árbitros e apuntar as modificacións nas normas habituais de fútbol sala. Segundo comunicou a dirección de actividades da entidade, o feito de contar con catro nomes tan coñecidos na coordinación técnica do evento fará que o 'Castelo Non Para' teña unha mellor acollida.
A segunda edición do Castelo Non Para será a primeira actividade de Castelo Deporte en 2012
CASTELODEPORTE.ORG -
24.12.11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




No hay comentarios:
Publicar un comentario