A directiva de Castelo Deporte acorda solicitar o ingreso na entidade veciñal de Castelo como persoa xurídica e logo da aprobación do seu órgano de goberno, segundo recollen os estatutos da organización, consultados por membros da asociación cultural e deportiva.
Castelo Deporte pasa á acción. Logo de varios meses observando as diferentes irregularidades da Asociación de Veciños de Castelo (unha entidade que o pasado mes de decembro presentou unhas contas nas que ocultou un déficit de case 1000 euros en 2010 segundo denunciu CASTELODEPORTE.ORG), a entidade cultural e deportiva con sede en Castelo pretende formar parte activa da que é, segundo o concello, a única entidade representativa dos veciños.
Aínda que Castelo Deporte está a piques de superar en número de socios á asociación veciñal, membros da corporación local de Culleredo recoñeceron que a xestión do Centro Social Folgueira - Castelo e a interlocución a nivel 'oficial' coa institución local sería a través da Asociación de Veciños de Castelo, unha decisión pouco popular que os candidatos de Partido Popular e APdC comprometéronse a revisar en xuntanzas con representantes de Castelo Deporte.
O secretario da asociación, Carlos Martínez Simó, presentará a vindeira semana o documento conforme Castelo Deporte solicita de xeito formal o seu ingreso na entidade veciñal.
Castelo Deporte pasa á acción e solicitará a afiliación na Asociación de Veciños de Castelo esta semana
CASTELODEPORTE.ORG -
17.2.11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




2 comentarios:
Demasiada politica para el deporte...
Eso digo yo!
Publicar un comentario