A asociación Castelo Deporte quere mediante este comunicado aclarar, logo dos rumores e especulacións que nos últimos días chegaron ao entorno da entidade, os seus socios e simpatizantes, a súa posición no relativo ao conflito coa asociación veciñal da parroquia cullerdense de Castelo.
Castelo Deporte publicou na súa páxina web o pasado 22 de xaneiro un artigo informativo no que se denunciaba da manipulación das contas anuais da entidade veciñal de Castelo, logo de recibir a través de diferentes socios a información remitida mediante correo ordinario. Nesta información, facíase referencia a dous aspectos:
- A lamentable situación económica dunha asociación privada, que porén mantén unha capacidade de interlocución coas institucións que merece un control por parte dos veciños non asociados, facendo referencia a gastos non xustificados.
- A manipulación do balance final do ano 2010, coa introdución dun apuntamento na partida de ingresos (a do saldo en conta de 2009), que en ningún caso pode considerarse ingreso para a elaboración dunhas contas anuais. O resultado do balance con este apuntamento daba positivo, cando ao facer un exercicio de seriedade e responsabilidade con todos os asociados o resultado das contas de 2010 tería dado perdas próximas aos 900 euros.
En ningún caso Castelo Deporte acusou á Asociación de Veciños de Castelo de roubar, senón de falsear e manipular un documento oficial obrigatorio para toda entidade rexistrada. A lexitimidade que Castelo Deporte ten para denunciar estes feitos parte dos propios veciños de Castelo que requiren unha xestión responsable da asociación veciñal.
Castelo Deporte quere facer saber a súa disposición a dar calquera explicación necesaria ante calquera institución, e aínda que os feitos denunciados a través da web poden ser constitutivos dun delito de falsedade documental, por manter a normalidade nunha parroquia na que Castelo Deporte é sinónimo de DEPORTE, ACTIVIDADE e CULTURA, a Xunta Directiva da entidade descartou no eu día levar o caso á xustiza.
SOBRE A RELACIÓN CO CONCELLO DE CULLEREDO
En relación aos rumores segundo os cales se acusaría a Castelo Deporte de denunciar un trato de favor do Concello de Culleredo á Asociación de Veciños. A Xunta Directiva quere desmentir este aspecto, e aproveitar para salientar a boa e efectiva relación que durante estes anos mantivo a asociación co Goberno Local, e en especial coas concellerías de Mocidade e Deportes, e cos seus respectivos titulares, feito do cal Castelo Deporte amósase orgulloso, agradecido e disposto a manter.
Adxúntase a continuación o artigo do pasado 22 de xaneiro, público en todo momento, e co que esta Xunta Directiva quere amosar o seu compromiso de transparencia en toda a súa comunicación:
Castelo Deporte retoma a súa loita por unha asociación que represente os intereses de Castelo e defenda aos seus veciños sen irregularidades. Logo de que hai un ano a Xunta Directiva formada por cinco persoas pertencentes a dúas únicas familias chegase ao poder da entidade veciñal, nunha asemblea na que ao presidente da asociación Castelo Deporte non se lle permitiu falar, a presidenta da entidade recoñeceu a través dunha carta aos asociados uns elevados gastos.
DEFICIT NON RECOÑECIDO DE CASE 1.000 EUROS
Ademais de non xustificar gastos máis que con descricións como 'Se debía a Maribel', ou de recoñecer 156,53 euros en gastos de oficina, no suposto balance de situación introdúcese como ingreso o total en conta do pasado ano, para ocultar deste xeito un déficit en 2010 de 876,99 euros.
UN CENTRO SOCIAL AO SERVIZO DUN 5% DOS VECIÑOS
A nova directiva da Asociación de Veciños de Castelo, e en concreto a súa presidenta, xestiona o Centro Social de Castelo tendo en conta os intereses da súa familia. A través da concesión da barra que ten instalada no local, lúcrase mediante métodos que en innumerables ocasións foron denunciados por membros de Castelo Deporte. Este verán, a presidenta da entidade veciñal exerceu como competencia á Comisión de Festas de Castelo e a Castelo Deporte durante a celebración das festas e dos eventos da entidade cultural e deportiva, vendendo refrescos e bebidas a un prezo inferior ao que tiñan as outras dúas entidades.




9 comentarios:
vaia hipocresía me parece pola vosa parte que digades que solo vos dedicades ao voso cando en vez de facelo e intentar que a xuventude de castelo como do resto dos pobos non se perda... solo sabedes destapar inxurias contra os vosos propios veciños, a min daríame vergoña que para que a xente me atendese tivera que contar mentiras e levantar "merda" por decilo dalgunha maneira, acerca dos demais; pareceme moi ben que intentedes recuperar o deporte e demais actividades que a xuventude de oxe en día esta perdendo moi rápidamente, pero é detestable, por non dicir que carece de nome o que andades a facer en canto a asociación de veciños, que coma vos solo son outro grupo de persoas que intentan facer a sua labor por castelo o mellor que poden; e vos non facedes mais que intentar levantar xente na sua contra, pero a xente non solo ten ollos para ver estas publicacions, se non tamen para velas cousas de verdade e oidos que axudan grandemente. Non entendo que pretendedes facer dicindo cousas como que ocultan deficits e cousas así, porque a xente non é tonta e enterase das cousas máis do que vos parece, incluso eu sin ser de castelo cheguei a ver esa carta das contas que a directiva da asociación se molestou en presentar antes os veciños, cousa que anteriormente nunca se fixera e que creo que xa ocasionara mais de algunha desaparición de fondos non xustificada, dando a cara non so do que se gaña, se non dos gastos que acarrea, e non creo que teña un gran déficit, si non que ten invertidos fondos como nos toldos que se poderan usar en vindeiras festas, planchas para as festas que se poderia facer tamen un servicio prestandoas a os nosos veciños de celas, de peiro, de tarrio...
e perdoademe decirvos que vexo moita maldade nos vosos escritos acerca da asociacion de veciños do voso propio pobo, facendo creer mentiras con xogos de palabras, porque os cartos que habia anteriormente son para simplemente saber o que había, en ningún lugar da carta pon que sean beneficios... e que veciños poideron darvola carta a vos que non sodes outra cousa mais que unha institucion de deporte, que nada ten que ver niso, para que sexades vos os que reclamedes cando os propios veciños polo que me teñen dito tanto a min como a calquera non presentan opposición acerca das contas explicadas na pasada reunión na cal por exemplo o voso presidente non estivo presente, nin creo que tivera que talo, mostrou queixa algunha acerca desas contas... para despois facer sempre publicación en contra da presidenta, a quen non coñezo persoalmente mais que de vistas e oidas pero que debe ter que estar aguantando bastante vendo como a acusades de todo tipo de cousas, decindo que usa o local para intereses da sua familia; cando por favor explicademo para que o entenda, porque non sei por que intereses pretendedes que mire, ela é unha nai de familia que ten que pasar alí o día enteiro soportando de todo e poñendo boa cara, ela paga a súa mercancía e cobráa a baixo prezo como foi estipulado polo alcalde, e vos creedes que unha persoa se pode facer rica así? vos tedela idade suficiente e a madurez necesaria para entender o que lle pode costar toda a mercancia e demais cousas que ten que pagar por un mínimo beneficio? e que pretendedes que eses propios beneficios, frutos da inversión dos SEUS cartos os invirta noutra cousas máis que na súa familia? eu , como pai de familia que son, non o faría, e vexo demais centros sociais como o de celas, de ledoño, de sueiro, sesamo etc que as ganancias que sacan, a pesar de contar cunhas instalacións que non lle pertencen, pero que tampouco o negan, o gasten noutra cousa que nas súas familias, parellas, fillos e demáis. De verdade que non podo comprender que mal vos fai ter ese local aberto... eu vexo outros centros como o de sueiro, que tampouco e moi grande, nin que nunca está todo a gusto de todos, pero polo menos están agradecidos de poder contar cun centro de reunión para os veciños e demais onde se pode ir a falar, a xogar as cartas, a ver un partido e sin necesidade de facer gasto algún. E o peor de todo é que en ningún momento sodes capaces de dala cara e falar ca propia directiva, que non sei si tarán ao tanto de todas as inxurias que se levantan na rede feitas por un grupo de rapaces sin ton nin son, porque na rede todos parecedes moi valientes, pois gustaríame que me contestedes para aclararmo porque de verdade non entendo a vosa intención en castelo, xa que por momentos intentades facer de todo por el, e sin tempo a pestañexar tades levantando todo na vosa propia contra. Explicademo se tan maduros sodes como vos queredes facer, porque aínda chegada na miña idade non o alcanzo a comprender. Ansío esa resposta que nunca chegará...
POR SUPOSTO que damos a cara. POR SUPOSTO que damos respostas. De xeito público e mediante este blog quero apuntar que moitas das informacións que apuntas non son certas, e sobre todo gustaríame que soubeses que a pasada semana presentamos un escrito na asociación de Veciños de Castelo para asociarnos como entidade, precisamente para que se nos vexa, para dar a cara, para decir as cousas claras non por internet.
Para todo o demais, encantaríame que deixases aquí ou enviases un e-mail a contacto@castelodeporte.org co teu correo electrónico, ou teléfono, o que queiras, para poder explicar todo, punto por punto, e que quede ben claro que nin mentimos, nin nos ocultamos, nin facemos todas as cousas das que nos acusas.
Aquí está a resposta que agardabas, en menos de dez minutos. Agora eu agardo que nos deixes explicarnos.
Un saúdo,
Un membro da directiva de Castelo Deporte
Concretamente que cousas son falsas? porque nunca falo sen asegurarme ben do que digo, e hai tempo que vexo publicación asi e parece unha vergoña... non mo queiras explicar a min personalmente para virme con politiquerías, contextame aquí e que se vexa que información e falsa da que dixen (sen contar moita que calo por respeto) e quero que publicamente mo xustifiques, que demostres que esa información é falsa e porque; gustaríame saber en que mostrou oposición a directiva para colaborar con vosco se nunca contachedes coa asociación en ningún aspecto; porque como dixen antes, non coñezo persoalmente a presidenta, pero si a algunha persoa da actual e anterior directiva, e moitos veciños de castelo que tampouco entenden a verdadeira intención de Castelo Deporte cara a asociación, e pareceme ben a vosa intención de afiliarvos para colaborar, pero eso non demostra que deades a cara, non é firmar un papel, pagar unha cuota e poñer cara de risa, é o que non mostrades, o que agochades por detras pensando que non se ve, e para dar a cara gustariame que explicases inclusive nunha nova noticia da páxina a xustificación de cada acusación que facedes contra a directiva de castelo como poñedes tamen no blog de castelo e demais enlaces de internet relacionados con castelo deporte... porque non sei si a actual directiva está ao corrente das vosas publicación, poderíasme dicir se lles dixechedes algo tan siquiera ou lles mostrachedes as vosas acusacións personalmente? Porque eu personalmente, se eu estivese nunha directiva como esa e se estivesen facendo todas esas acusación, estaría tomando accións legais.
Ben, sen querer entrar nun debate a través dun blog, esta é a resposta á anterior mensaxe por parte de Castelo Deporte:
O primeiro que temos que decir é que se preferimos comunicar toda a información a través de medios privados e nun públicamente é porque algúns temas non podemos facelos públicos: concretamente o caso dunha das cousas das que nos acusas, a falsedade do comentario sobre o emprego do local social de Castelo por parte da familia da presidenta. Unha cousa é denunciar feitos e outra entrar en consideracións relacionadas coa vida privada da xente. Se tes interese en coñecer algunha cousa en concreto sobre este punto estaremos encantados en comunicar contigo a través de e-mail, teléfono ou en persona, pero por respecto á propia presidenta da asociación de Veciños non queremos publicar información relativa a ese tema.
Todo o demais, sen ningún problema, sigo por orde os teus comentarios:
- Que nos dedicamos ao noso é un feito, ou polo menos temos claro que o principal da nosa labor é o traballo pola mocidade de Culleredo (non so de Castelo). Castelo é unha parroquia na que por censo a poboación nova é escasa. Sabemos que temos contacto co 100% da mesma e que dende que existimos SEMPRE QUIXEMOS QUE SE INVOLUCRARA CON NOS TODA A XENTE NOVA DA PARROQUIA. A todos se lles pediu personalmente, case a totalidade é hoxe parte desta asociación.
- Sobre as "inxurias" en relación aos veciños. Todo o que se dixo por parte de Castelo Deporte xustificouse debidamente no seu momento (por favor, indícame de que información en concreto queres coñecer máis datos e estarei encantado de explicarche todo). Quero apuntar que os nosos comentarios nunca van en relación a persoas particulares, senón a entidades ou a cargos electos: a vida privada non pinta nada en ningún debate. E estamos perfectamente atendidos, non destapamos nada para chamar a atención e que se nos faga máis caso, de feito pódoche asegurar que estando calados teríamos sido mellor recibidos en moitos lugares. Preferimos defender o que pensamos, e o que nos piden os nosos afiliados.
- Non levantamos xente contra ningunha outra entidade, damos información importante para os nosos veciños para que a teñan en conta, é a nosa responsabilidade. Sabes que a día de hoxe a nosa asociación ten so 17 socios menos DE CASTELO que a asociación de Veciños? Por que non estamos igualmente lexitimados para defender a nosa parroquia? Estou moi de acordo en que a asociación de veciños intenta facer o mellor que pode por Castelo, é a súa función. Recoñecemos o traballo da actual directiva: organizar actividades e festas ao longo do ano, dotar dunha infraestrutura pública aos veciños aberta todas as tardes, facer chegar ao concello as necesidades da parroquia... Son cousas que agradecemos e poñemos de manifesto, é un mérito da directiva actual que non ocultamos. Agora ben, o que pensamos que non se fai ben, tamén o decimos.
- Sobre o tema da famosa carta coas contas. Aínda que ti tratas de dar valor ao feito de que a asociación enviara aos socios esa carta antes da asemblea, temos que apuntar que é algo obrigatorio para toda entidade rexistrada, non un favor, unha obriga: presentar as contas con antelación suficiente para que os socios poidan avalialas. Con todo, ben feito o de enviar a carta, por suposto.
Se viches ese documento saberás do que falamos, non facemos xogos de palabras, é moi sinxelo: unha cantidade que non é un ingreso de 2010 aparece como ingreso de 2010. Esa cantidade provoca no total un cambio tan significativo que fai cambiar o resultado das mesmas de déficit a superhabit. Se dis que en ningún lugar pon que sexan beneficios, por favor, revisa ese documento. Mentres escribo téñoa diante e estou vendo que si pon exactamente iso.
Sobre o de que non temos por que ter acceso a esa documentación porque non somos máis que unha asociación deportiva, quero engadir que somos unha asociación deportiva e cultural, e que ademais non temos o rexistro en ningunha área concreta, senón no rexistro xeral de asociacións da Xunta, polo que legalmente temos a capacidade para ser unha entidade representativa dos veciños dunha parroquia como Castelo.
Tamén quero que saibas que, como dixen antes, o feito de ter case tantos socios como a asociación de Veciños lexitímanos para poder opinar. O noso presidente non estivo na asemblea porque considerou que, non sendo socio nin sendo socia a asociación, non tiña que estar presente. O noso secretario (que é socio) estivo nesa asemblea e recibiu dous insultos as dúas veces que abriu a boca. Logo calou por impotencia.
- Por favor, non poñas na nosa boca cousas que non son. Nunca diremos que a presidenta se fai rica coa asociación de Veciños, somos os primeiros que recoñecemos o mérito de toda a xente que está nos movementos asociativos porque sabemos o que é. Si apuntamos que moitas das súas prácticas carecen de sentido da ética e non axudan a unha colaboración entre entidades. Un exemplo foi o que pasou nas pasadas festas do verán e polo que tanto esta asociación como a Comisión de Festas quedamos moi decepcionados.
- Ese local aberto non nos fai mal ningún, estamos encantados de que estéa aberto e ogallá sexa sempre así. Non entendemos que nun local social poida instalarse un bar que xestione a presidenta dunha entidade veciñal. É como se eu poño unha empresa de hostelería e non teño que pagar o aluguer dun local como fan todos os meus compañeiros de gremio. É xusto? A presidenta benefíciase económicamente, realiza unha actividade empresarial, a costa dun centro público, é o que non entendemos.
- E sobre dar a cara, o dito. Cando e onde queiras, polo medio que queiras, gustaríame que esa percepción a cambiaras xa con estas mensaxes. Estamos á disposición de todo o mundo en todo momento. Sempre.
- Sobre a información que supostamente calas por respecto, anímote a que nola fagas chegar por e-mail para poder contrastala e darche unha resposta xustificada.
- Tema importante, preguntas en que amosou oposición a directiva da asociación de veciños para colaborar con nos: SEMPRE contamos coa asociación de veciños de Castelo. Sempre coñecen as nosas actividades, onde e cando se fan, sempre. Amosaron oposición, concretamente, nos seguintes momentos e casos: dificultades para facer o sorteo cos equipos do Castelo Deporte 2009 no Centro Social de Castelo, imposibilidade de facer asembleas de Castelo Deporte no centro, competencia á comisión de festas e a Castelo Deporte nas festas de 2010, e non apoio institucional ás nosas actividades do verán de 2010, solicitado por carta.
- Facémonos socios da asociación de veciños para colaborar e opinar, para dar a cara e non ocultarnos, non teñas dúbida de que faremos todo o posible por aportar en positivo sempre.
- Sobre o que nos pides de facer unha noticia na web explicando punto por punto absolutamente todo, pola nosa política de comunicación non é posible. Comprométome a explicar todo a quen faga preguntas coma ti, comprométome a dar explicacións diante da asociación de veciños, en calquera momento. A través da web comunicamos o que en cada momento consideramos importante para a actividade da asociación, penso que introducir agora máis informacións sobre este tema sería polemizar máis.
- E sobre se achegamos estas informacións á asociación, a resposta é si, a través do concello ademais. Supoño que non teñen tomado accións legais contra nos porque non hai motivo, en todo caso estamos completamente seguros de non ter cometido, nunca, ningunha ilegalidade, e sobre todo, de decir sempre a verdade.
Por último, gustaríame deixar aquí o compromiso de Castelo Deporte para colaborar en todo o que a asociación de Veciños precise, queremos axudar, queremos participar, somos moitos e temos moitas ideas, e se as cousas se fan ben e non se engana a ninguén podemos conseguir cousas moi importantes para Castelo.
Calquera outra cousa, por favor, estarei encantado de contestar.
Un saúdo de novo...
Castelo ,precisa que todos nos xuntemos a facer cousas para que medre e poidamos estar todos fachendosos de vivír nun pobo exemplar.Así que xuntemos forzas e para adiante..Paréceme ben que as críticas sexan constructivas pois de elas tamen se aprende e calquera que esté nun cargo así debe entendelo.Aquí cabemos todos os que estamos e os que queiran vir..Cantos mais mellor pois a unión fai a forza. !VIVA CASTELO!
EL deporte y la política no pueden ir de la misma mano. Si os metéis en política, mal asunto.. Ya puso en otro comentario que menos política y más deporte.. Se te/os ve el plumero. Hoy en día para robar hay que hacerse político. Hay gente muy honrada en castelo, no nadie estropee eso por la mierda de la política. Y Viva castelo.. cuanto menos es demagogia barata. Como dicen en mi entorno, es un quiero y no puedo.. psé
Publicar un comentario