Será nunha rolda de prensa aberta ao público para a que a asociación quere contar con representantes do Concello de Culleredo e de todas as entidades colaboradoras
O Castelo Deporte 2011 botará a andar a primeira semana de xullo cunha convocatoria de prensa (a primeira da historia da entidade), coa que a directiva da asociación quere facer pública unha intensa programación de actividades para a segunda quincena de agosto que rematará coas tradicionais festas do San Ramón en Castelo, organizadas pola Comisión de Festas da parroquia cullerdense.
A falta de confirmación, está xa asegurada a terceira edición do Castelo Music Festival, así como a sexta convocatoria do campionato de fútbol sala, que nesta ocasión terá prazas limitadas e un premio económico moi apetecible para todos os equipos da comarca. O evento musical desprázase nesta ocasión ao sábado 20 de agosto para xuntar un maior número de asistentes na pista da polideportiva de Castelo, e serán catro grupos os que amenicen a noite de música máis especial do ano na ladeira do Xalo.
Castelo Deporte quere contar nesta ocasión con institucións e entidades para facer un evento máis participativo. Deste xeito, a colaboración do Concello de Culleredo pretende ampliarse, cunha oferta para que sexan máis as concellerías involucradas no evento, así como a das comisións de festas, coas que se pretende organizar unha actividade conxunta. Trátase dunha resposta a un tempo de crise no que a directiva considera moi importante xuntar esforzos.
Castelo Deporte presentará a primeira semana de xullo o programa de actividades para este verán
CASTELODEPORTE.ORG -
20.6.11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




No hay comentarios:
Publicar un comentario