A entidade cullerdense relaciona unha boa primeira metade do 2011 a nivel económico nun contexto de crise económica co éxito do Descenso ao Xalo e da II Travesía do Xalo
O primeiro semestre do ano permite á asociación Castelo Deporte liquidar o 30% da súa débeda financeira con proveedores e deixar o dato en niveis de 2009, logo da celebración da cuarta edición do evento que a entidade cullerdense organiza na derradeira semana do mes de agosto.
A Asemblea Xeral Extraordinaria de Castelo Deporte aprobou na súa xuntanza da primeira semana do mes de xuño a liquidación de pagamentos pendentes dende o pasado mes de setembro. Dende o departamento económico da asociación apúntase ao éxito do Descenso ao Xalo e da II Travesía do Xalo como grandes causas do bo primeiro semestre de 2011 a nivel económico.
Lorenzo Domínguez, tesoureiro da entidade, fixo entón unha proposta á asemblea para liquidar durante o mes de xuño un 30% dos pagamentos pendientes, deixando en caixa o montante suficiente para afrontar os primeiros gastos derivados da celebración do Castelo Deporte 2011 no mes de agosto.
Neste sentido, a Xunta Directiva da asociación aprobou a pasada semana o orzamento do evento estival, por un total de 7400 euros, unha cifra similar á da pasada edición. O propio responsable da área económica asegurou que para esta edición tratarase de levar un completo control do gasto co obxectivo de rematar o ano cunha débeda do 20% sobre a rexistrada a finais de 2010.
Castelo Deporte reduce a súa débeda nun 30% logo do balance económico do primeiro semestre de 2011
CASTELODEPORTE.ORG -
29.6.11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




No hay comentarios:
Publicar un comentario