A decisión, tomada por consenso entre membros da Comisión de Festas de Castelo e a directiva de Castelo Deporte, ten como base fundamental manter as tradicionais festas da parroquia
Os membros da actual Comisión de Festas de Castelo e da asociación Castelo Deporte, acordaron este venres comezar unha transición "tranquila e ordenada" para un cambio a medio prazo na composición da organización das tradicionais festas na parroquia cullerdense. Ante a proposta da comisión para que fora a entidade deportiva e cultura a que se fixera cargo dos festexos a partir do vindeiro ano, o seu presidente, Álvaro J. Pérez Becerra, pediu aos membros da comisión un ano de transición no que as dúas entidades colaboraran na elaboración do cartel de festexos.
A idea de Castelo Deporte, que nun principio valoraron moi positivamente os membros da comisión actual, sería desenvolver en 2012 un programa conxunto baixo a coordinación da asociación e o asesoramento dos membros do actual equipo. Todo orientado para que no 2013 sexa Castelo Deporte e os seus membros os encargados da organización dos festexos.
O propio presidente de Castelo Deporte fundamentou o seu razonamento en dous puntos: a necesidade de que as festas de Castelo non desaparezan, e a intención de manter as actividades deportivas que dende hai seis anos desenvolve a asociación. Por esta razón, a proposta conxunta para o 2012 consistiría nunha colaboración que comezaría xa para as festas do San Ramón de 2011, na que os membros da Comisión de Festas irían avanzando aos veciños a proposta de cara ao vindeiro ano.
Carlos Martínez Simó e Alberto Ferreño, actuais secretario e vicepresidente de Castelo Deporte respectivamente, serían as cabezas visibles deste novo proxecto de cara á consolidación dunha das festas máis importantes de toda a provincia xa no ano 2013.
Castelo Deporte farase cargo das festas de Castelo no 2012 xunto con membros da actual comisión
CASTELODEPORTE.ORG -
16.7.11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




No hay comentarios:
Publicar un comentario