Subcampións do I Encontro Deportivo de Comisións de Festas, celebrado este domingo no Burgo

A asociación Castelo Deporte chega á final na súa primeira participación nun campionato. Almeiras gañou a primeira edición do encontro, na que participaron seis comisións de festas...


O I Encontro Deportivo Intercomisións de Festas de Culleredo rematou este domingo coa victoria do equipo de Almeiras, logo de derrotar por 7 - 1 a Castelo Deporte na final. Os partidos sucedéronse ao longo de toda a xornada coa participación das comisións de Vilaboa, Sésamo, Culleredo, Castro Laxe, Almeiras, e da asociación Castelo Deporte.

As aportacións do porteiro Jacobo Torres e de Cristian Taboada foron decisivas para que o equipo de Castelo chegase á final, a maior sorpresa dunha xornada na que máis de cen espectadores se achegaron á polideportiva do Isaac Díaz Pardo no Burgo. O concelleiro de Deportes e Participación Cidadá, Bernardo Peiteado, entregou os trofeos ao remate do encontro, no que as dúas entidades organizadoras amosáronse moi satisfeitas e con intención de repetir de cara a unha vindeira edición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario