Alba Taboada asumirá as relacións co Concello de Culleredo, mentres que Carlos Martínez encargarase do contacto con proveedores. Laura Castro será proposta para a área de socios.
A mellora dos procesos diarios e a necesidade dunha administración máis eficaz motiva unha reestruturación nas funcións dos cargos de Castelo Deporte. A Xunta Directiva, reunida este mércores en Castelo, decidiu encargar a Carlos Martínez Simó, actual secretario da asociación, a relación con proveedores e axentes externos, unha medida encamiñada a ampliar o contacto cos comerciais das diferentes empresas das que a entidade recibe algún tipo de servizo.
A vicepresidenta segunda da asociación, Alba Taboada, xestionará a relación práctica co Concello de Culleredo, quedando o apartado institucional en mans do presidente, Álvaro J. Pérez Becerra.
Taboada encargarase de facer as solicitudes correspondentes ás diferentes concellerías, e concertar as reunións necesarias a fin de obter as colaboracións que Castelo Deporte necesita para desenvolver a súa actividade.
Laura Castro será proposta como encargada da área de socios. A súa tarefa consistirá en recoller e xestionar todas as solicitudes, así como enviar a documentación ou levar o control do pagamento de taxas. Con esta decisión, Castelo Deporte recupera un cargo que Pablo Sánchez Castiñeira desenvolveu ata hai ano e medio, e que foi suprimido na conformación do organigrama da asociación para o ano 2010.
A directiva de Castelo Deporte reestrutúrase para mellorar o funcionamento diario da asociación
CASTELODEPORTE.ORG -
21.7.11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




No hay comentarios:
Publicar un comentario