A falta de máis de vinte días para o comezo do evento, quedan catro das dezaoito prazas dispostas pola organización. O evento bate todos os records por sexto ano consecutivo.
Dende que a principios de xullo a asociación Castelo Deporte activara a plataforma web de inscrición para fútbol e fútbol virtual no Castelo Deporte 2011, foron moi poucos os equipos interesados en participar que deixasen para última hora a súa decisión de participar no campionato. A máis de vinte días do inicio do torneo (o 22 de agosto), son xa catorce os equipos inscritos, procedentes de diferentes puntos da área metropolitana da Coruña.
O Castelo Deporte 2011, no seu campionato de fútbol sala, é un dos eventos máis atractivos dos que se celebran en Galicia deste tipo pola boa relación entre inscrición - premios - equipos, os tres parámetros sobre os cales se considera a categoría dos maratóns deportivos.
Unha vez quede pechado o proceso de inscrición, abrirase unha listaxe de espera por se algún equipo apuntado non cumpre os requisitos necesarios para participar. En todo caso, quedará definitivamente pechado o 15 de agosto.
O Castelo Deporte 2011, a piques de completar todas as prazas dispoñibles para o torneo de fútbol
CASTELODEPORTE.ORG -
29.7.11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




No hay comentarios:
Publicar un comentario